TAMAÑO TEXTO  a  a 
 >

Arconpatri

Historia

Tomando o Patrimonio como a área temática e investigándoa desde moitos puntos de vista como son a conservación, destrucción, experimentación, xestión e presenvación. Por outra parte, pensando nos déficits que esta área ten na sociedade da información, o grupo de investigación ArsMagna deseña, no ano 2006, un proxecto para a construcción da Plataforma Tecnolóxica: ARCONPATRI.

O proxecto iníciase a 2006, coa colaboración do grupo de investigación DIDPATRI  (Didáctica do Patrimonio, Museografia Comprensiva e Novas Tecnoloxías) recoñecido pola súa experiencia na xestión de intervencións no patrimonio e na experimentación en proxectos innovadores na área da museografía. Durante os 4 anos previstos como axenda do proxecto, a equipa de traballo explorará:

 1. A construcción do Portal Dihèlia: http://www.dihelia.org

2. O deseño dunha taxonomia corporativa multilingüe que garante a accesibilidade aos contidos do Portal.

3. PATRITHESAURUS. A construción do thesaurus especializado e multilingúe sobre Patrimonio que xestionará a taxonomia temática e a busca temática dos contidos.

4. SIDPATRI. A implementación de 5 bases de datos para a dixitalización do Patrimonio e o acceso ás fontes e recursos especializados.

5. O multilingüismo integrado na xestión dos contidos dixitais.

6. O deseño dunha bateria de servizos centrada no intercambio de información e a personalización dos usuarios.

7. Revista dixital Dihèlia Journal especializada en todas as dimensións do Patrimonio desde a perpectiva das ciencias humanas e sociais e as tecnoloxias da información.

Porén, ARCONPATRI proponse crear una rede de información, desde o marco das ciencias humanas e sociais, que garante aos estudantes, profesores, investigadores e usuarios en xeral con interese polo Patrimonio a accesibilidade a contidos dixitais de calidade deste entorno temático.

,