TAMAÑO TEXTO  a  a 
 >

Arconpatri

Benvida

Benvidas e benvidos á ARquitectura do COñecemento  sobre o PATRImonio.

ARCONPATRI é un proxecto para a creación dunha Plataforma Dixital baseada na suma de multidisciplinas sobre o Patrimonio. Esta plataforma dixital ten como obxectivos:

 

  1. Garantir a accesibilidades a todo o entorno informativo que creou e crea o Patrimonio.
  2. Favorecer a socialización do coñecemento dando acceso a un amplo abano de usuarios a unha colección de información de calidade, e a unha bateria de servizos personalizados.
  3. Aproveitar o fenómeno da arquitectura da información, a xestión do coñecemento e os fluxos da información, co obxectivo de crear un Sistema e un Servizo Dixital específico para o uso e o consumo de información de calidade.

Esta plataforma dixital foi fundada polo grupo de investigación ArsMagna (Ciencias Humanas e Sociais, Organización e Recuperación da Información, e Tecnologías da Información) na Universidade de Barcelona no ano 2004.

,