TAMAÑO TEXTO  a  a 
 >

Arconpatri

Dihèlia

Transferencia de coñecemento multilingüe

Dihèlia é un sistema de información dixital sobre Patrimonio que se presenta en formato Portal, e que ofrece acceso aos seus contados en oito linguas: català, castellano, euskara, galego, deustch, english, français i italiano.

 

Innovación e Xuventude

Dihèlia ten como valor engadido a súa xuventude. Deseñado no 2005 por unha nova xeración de profesionais, con formación híbrida, Dihèlia combina a xestión de contidos dixitais sobre a experimentación, intermediación e investigación en patrimonio coa escalabilidade das tecnoloxías e a xestión do coñecemento.

O proxecto facilita a transferencia de coñecemento mediante un novo portal especializado catalán, español e europeo que asegura á súa audiencia o acceso aos contidos, fontes e recursos máis salientables  sobre PATRIMONIO.

 

Transnacional e Global

Dihèlia ten como referentes máis próximos o Patrimonio de Cataluña, España e Europa. Do mesmo xeito, o uso e consumo de información sobre Patrimonio é global e responde á tendencia á pluriculturalidade e o plurilingüismo.

Dihèlia quere dar soporte aos usuarios globais da información, asemade favorecendo o desenvolvemento da riqueza do Patrimonio desde todas as perpectivas culturais.

 

Colaboración con empresas e institucións

A Equipa ArsMagna & Dihèlia creou un marco conceptual e unha metodoloxía propia, para a xestión da información e a creación de redes de información dixital especializadas en ciencias humanas e sociais. Como equipa de investigación aplicada  colabora com empresas e institucións no deseño de sistemas de información e na xestión de contidos dixitais. Por outra banda, a equipa de profesionais ArsMagna & Dihèlia deseña cursos de formación sobre a cultura dixital e informacional para institucions e corporacions.

,